Volvo estar sumerxida neste mundo virtual pra contar as miñas tristuras, penas, doenzas e  alegrías.
A medida que pasa o tempo a miña estabilidade emocional non só é un diagnóstico senón unha realidade. O  xeito de actuar, de correr cando alguén me proporciona un resquicio de cariño, unha oportunidade de compartirse. Escapar buscando motivos ou excusas pra facelo, pra non sentir ou tentar deseñar un esquema cerebral que me ensine a actuar.
Tras dos meus pasos non se marca unha liña recta, vense idas e vidas, Vida, esa que me afoga e me gusta cando me como o mundo. Entón decátome que afogarme en alcol tampouco paga a pena recoñecendo que o mono é o que motiva os meus cambios repentinos de humor, a bipolidaridade, o odio corrosivo que engule o amor.
Felicidade, cousa que decidín pero non atopei, cousa que vin, que se mesturou co sangue das miñas entrañas buscando iso que aínda non sei que é pero fíxome fuxir.
Ti meu pai, o maior trauma, ti, miña nai miña devoción, miña alma inexistente, miña luz, miña incorporación, miña loita e valentía, miña referencia, miña constancia, meu apoio. Medra a paixón e non distingo a tenrura. Soltar quérotes sacrificando a integridade dos pensamentos máis íntimos sen estar consciente e segura do que os meus beizos entonaban.
Intensidade, lema gravado na fronte, lema escrito no peito. É tanta que se acumula, taquicardias, adrenalina que desborda. Non me queda dicir nada, folgos tardíos de vagas esperanzas.