Pensar, as veces tan doado e outras tan enrevesadamente complexo, e ti, fasme pensar.
O xeito de coñecernos foi o máis común nos tempos que corre, as redes sociais, aínda que aos nosos netos teñamos que contarlles unha historia diferente.
Pasaches dunha pantalla a ser real, ao licor café conmigo, as películas, bicos, caricias, abrazos... Fasme sentir especial, boa persoa, fasme sentir que iso é o que buscaba.
Pasaron moitos homes pola miña vida con tan só vinte anos, homes aos que crín querer, homes menos homes ca outros e comezaba a ter medo. Medo por que dende hai uns meses a miña sensación era de vacío, de foder por pracer e diversión, de nunca aterme as consecuencias.
Agora estás aquí, e voltame a pasar. Esa angustia inexplicable de non terte conmigo a todo momento, ese mal estar no estómago pensando que será do futuro aínda que realmente non me importe.
Atopo a sinceridade nos teus ollos, esa que nunca atopei con outra persoa. O teu saber estar, falar, ese xeito de follarme sentindo cada movemento.
Encántasme e non sei como expresalo ou dicilo sen que soe tan cursi como realmente o é a situación, na que en dous días atópome tola por ti.
Tola por que me digas que o deixarías todo, tola por ti, por min, por SENTIR.
Seremos nómades, pero atoparemos o fogar un con outro, prométocho. Eres meu, e non de ningures.