Levo xa anos escribindo as miñas paranoias mentais neste blogger, teño medo que algún día alguén sexa capaz de leelas e aparezan dous homes na porca trincándome por problemas mentais (sin coñas). Hoxe volven a ser as dez da mañá en Eastbourne pero os aires respiran tranquilos e o vento e cada vez máis frío, aínda así, non me importa. O venres acaba miña peripecia, acaban as gañas de comer o mundo e regresarei ca cabeza alta pra o sitio que me pariu e me veu medrar, que sinceiramente é o que máis quero, cánto importa a familia! (descubrín) O teclado segue sendo inglés pero por algún escuro motivo agora cando premo cada botonciño está situado a forma española, mira! podo escribir tantas ññññññññññññññ como queira! e tils´´´´ jajajaja xa dixen eu que me tomarían por tola. O primeiro que quero facer ao chegares vai ser unha tatuaxe, nin de ida nin de volta, senón ca miña tatuadora, O sangue da miña dor, e a miña bandeira de Lupe Gómez así de claro pero non máis alto.
Joder, sempre me pasa o mesmo que me revoluciono a escribir e as palabras xa nin xeito teñen cando son así... Así como ? con tanto sentimento e ledicia con tanto amor de parte miña. Contigo e sen min falando coma sempre, contra Lois. Agardando impaciente volver ter ese libro nas máns!