Estiven deste xeito tantas veces, exposta a tanta sinrazon e querendo desaparecer deixando toda a monotonia atras.
Agora que o fixen, que xa pasaron esos catro dias dos que falaba atopome perdida, atopome fora de min, de ti e de lugar. Tento atopar sorrisos complices en rostros amigables, pero so podo comprobar que a xente aqui esta feita e criada con arrogancia, raiba desprezo. Aprendin dende o terceiro dia que non existe a palabra honor saindo da boca dun ingles por que non saben o que significa. 
Tan so son unha meninha con grandes pretensions na vida, que se lanzou ao mundo sen brazos dunha nai que agora poder apertar ao sentirse tan soa.
Tenho o alento cheirando a tabaco despois de roer na ansiedade toda a noite, por non dicir todo o dia. Aumenta o ritmo cardiaco cada vez que penso no que puido ser nesa outra terra que tanto me quixo, e nesta nova que nin me conhece, non sabe do que son capaz.
Un constante vai ven sen sentido unha meditacion fronte a loita interna de darme por vencido, un amor do que non estou segura de ter ao non posuir corazon e un valeiro inmenso que volve cada vez que te penso.
Sumalle que non sei que son, que non saben a que ano pertenzo e que a vida rixese por numeros.
Como te estas sentindo pregunta? Esboza unha falsa sonrisa ao contestar ben. E repetindo unha e outra vez, are u ok?